CRTVG

Buscar

O Sergas realiza un cribado en Barbadás combinando PCR e tests de antíxenos

Publicado o 21/01/2021 19:25

E este de Barbadás é o primeiro cribado masivo que se fai combinando PCR e test de antíxenos.

Cos tests de antíxenos case ao momento xa poden saber se están ou non contaxiados.

Coas PCR o resultado terano nun máximo de 48 horas.

Con estas probas queren detectar asintomáticos para evitar que o virus continúe espallándose neste concello cunha incidencia alta, case 700 positivos por 100.000 habitantes.

Cribado tamén hoxe en Outes, onde se formaron grandes ringleiras para recoller o tubo que terán que entregar mañá coa primeira saliva do día, outra proba distinta co mesmo obxectivo, loitar contra o coronavirus.

Noticias web

21/01/2021