CRTVG

Buscar

O Sergas notifica o falecemento de 29 persoas con covid-19 en Galicia

Publicado o 27/01/2021 20:49
O Sergas notifica o falecemento de 29 persoas con covid-19 en Galicia

Sanidade acaba de informar do falecemento de 29 persoas diagnosticadas de coronavirus en Galicia. Con estes datos, a cifra total de mortes pola covid−19 ascende a 1.688 dende o inicio da pandemia. Os decesos non se produciron todos na xornada de hoxe, senón que algúns deles pertencen á semana pasada e foron validados hoxe por Saúde Pública.

• O día 22 de xaneiro falecía unha muller de 91 anos no seu domicilio da Laracha, na Área Sanitaria da Coruña.

• O día 24 perdía a vida unha muller de 83 anos na residencia da Pastoriza.

• O día 26 de xaneiro falecían un home de 77 anos, un varón de 66 anos e outro home de 61 anos no CHUAC; unha muller de 97 anos e un home de 77 anos na residencia DomusVi de Carballo; un home de 74 anos e unha muller de 84 anos no CHUS; un home de 60 anos no CHUO; unha muller de 87 anos no CHUO procedente da residencia Quercus de Leiro e un varón de 92 anos no mesmo hospital, procedente da residencia DomusVi de Bande; unha muller de 96 anos na residencia Quercus de Leiro; un home de 79 anos no CHOP; un varón de 88 anos no CHOP; un home de 77 anos no CHOP; un home de 60 anos no CHUVI; unha muller de 85 anos en POVISA, e un home de 84 anos na residencia Stella Maris de Nigrán.

• O día 27 notifícanse os falecementoa dunha muller de 90 anos no CHUAC, un home de 76 anos no CHOP, un varón de 88 anos no CHUAC, unha muller de 86 anos na residencia DomusVi de Carballo, unha muller de 51 anos no CHUAC procedente da residencia Pai Menni de Betanzos, unha muller de 94 anos no CHUAC, unha muller de 90 anos en POVISA, unha muller de 87 anos no CHUS, unha muller de 90 anos no CHUO e unha muller de 83 anos na residencia DomusVi de Carballo.

Segundo informa Sanidade, todos eles presentaban patoloxías previas.