CRTVG

Buscar

O Sergas descarta unha sospeita de coronavirus en Vigo

Publicado o 10/02/2020 14:36

A muller chegou ao PAC acompañada doutra coa que acababa de regresar da China, mais dunha zona bastante afastada do foco da enfermidade. Unha presentaba síntomas e a outra non, pero ambas foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro onde permaneceron illadas nun box como marca o protocolo de infeccións a pesar de que ningunha das dúas cumpría cos criterios de definición do coronavirus. A que presentaba síntomas deu negativo en todas as probas de gripe.

Mentres que muller asintomática fai vida normal, a paciente con síntomas permanece na súa casa coa recomendación de saír o menos posible e de levar unha máscara durante uns días.

O mozo que activou o protocolo de coronavirus no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago xa foi dado de alta, xa que as analíticas deron resultado negativo. Mentres tanto, o Goberno balear confirmou que está investigando un posible novo caso nun neno de sete anos diagnosticado con gripe B. O menor pertence ao entorno próximo do home ingresado no hospital Son Espases de Palma de Mallorca e que deu positivo, o segundo en España despois do paciente ingresado na Gomera.

Os 21 españois repatriados de Wuhan continúan a súa corentena no hospital Gómez Ulla de Madrid, onde no barrio de Usera un grupo de cidadáns chineses que acaban de chegar das celebracións do Aninovo gardan corentena voluntaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020