CRTVG

Buscar

O Sergas crea unha nova categoría médica específica para a hospitalización a domicilio

Publicado o 13/12/2019 12:48

Médico de hospitalización a domicilio. É a nova categoría profesional recollida no proxecto de decreto que abordou hoxe a mesa sectorial de Sanidade. Con esta categoría pretenden, din dende o Sergas, outorgar maior relevancia ao papel que desempeñan principalmente ata agora médicos de familia ou de medicina interna.

Margarita Prado, directora xeral de Recursos Humanos do Sergas: "A creación da categoría responde ao plan de HADO recentemente aprobado cunha atención que se pretende estender a toda a poboación e a todo o territorio galego, unha atención centrada no paciente, na atención no seu domicilio, profundizando, polo tanto, na humanización".

O plan recolle a creación de quince novos equipos ata o 2023. O obxectivo é reforzar a hospitalización a domicilio, un servizo fundamental en Galicia, segundo o Sergas, polas propias características da nosa poboación.

Margarita Prado, directora xeral de Recursos Humanos do Sergas "É unha poboación avellentada, unha poboación pluripatolóxica, con moitas pataloxías crónicas que precisan moitas veces unha atención domiciliaria".

Os pacientes de HADO acostuman ser os que unha vez estabilizados precisan aínda coidados hospitalarios durante un tempo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019