CRTVG

Buscar

O Sergas asegura que cumpriu o 99% das medidas comprometidas a curto prazo no Plan galego de Atención Primaria

Publicado o 25/11/2019 14:57

O Sergas fai balance do Plan galego de Atención Primaria aprobado hai seis meses. Asegura que o 99% das accións a curto prazo comprometidas nese plan están rematadas ou en marcha.  

O Plan galego de Atención Primaria fixara 80 obxectivos para estes primeiros seis meses e, segundo o balance do Sergas, cumpriu o cen por cento en materia de recursos humanos, formación e docencia.

O xerente do Sergas detalla que conseguen "profesionais máis estables, con 573 prazas convocadas nas distintas OPE, cunha maior oferta de formación. É dic¡r, estamos formando máis especialistas para futuro, 205 prazas no ámbito da antención priomaria, cunha maior coordinación".

Coordinación entre atención primaria e hospitalaria cun catálogo de probas diagnósticas compartidas. Segundo o Sergas está implantada no cen por cento dos centros de saúde a plataforma de atención domiciliaria. Reforzouse a capacidade de decisión de primaria e aumentaron as competencias de enfermería.

Seguen traballando, din, na carteira de servizos e antes de finais de ano rematarán co equipamento nos centros de saúde. O plan seguirá desenvolvéndose en 2020 cun orzamento de preto de 1.300 millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/11/2019