CRTVG

Buscar

O Sergas apraza cirurxías previstas no Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das UCI

Publicado o 24/11/2020 17:53
O Sergas apraza cirurxías previstas no Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das UCI

O Sergas aprazou a realización de sete intervencións cirúrxicas previstas para este luns e este martes no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para evitar a saturación das unidades de coidados intensivos (UCI).

Fontes do Sergas explicaron que este luns se reprogramaron catro cirurxías non urxentes ás que este martes sumouse o aprazamento doutras tres.

Aínda que o hospital aínda dispón de espazo na área de reanimación, a de coidados críticos atópase completa, polo que se adoptou esta medida de modo preventivo para evitar a saturación das UCI ante a evolución da pandemia.

As mesmas fontes insistiron en que o aprazamento só se poderá aplicar a intervencións cirúrxicas  demorables relacionadas con patoloxías que non impliquen "un compromiso vital nin de calidade de vida" para os pacientes.

Neste sentido, garantiuse a realización nas datas previstas de intervencións cirúrxicas de urxencia, prioridade 1 e oncolóxicas.