CRTVG

Buscar

O Sergas anuncia unha oferta de emprego público de 1.203 prazas para este ano

Publicado o 06/03/2021 20:49

O Sergas vén de presentar o seu proxecto de emprego público, que contempla unha oferta de 1.203 prazas para este ano.
Falando de números máis concretos, 686 prazas adxudícanse a enfermaría, fisioterapia e, por primeira vez, a técnicos en dietética. Outras 452 postos destínanse a servizos de xestión e 65 a médicos de familia. O Sergas indica que a esta oferta para persoal estatutario haberá que engadir outras prazas pendentes de convocatoria, polo que o volume acumulado podería ascender a 2.026 prazas neste ano.




 

Noticias web

06/03/2021