CRTVG

Buscar

O Sergas amplía a vacina contra a meninxite contra novas variantes da doenza

Publicado o 09/12/2019 15:30

A vacina contra a meninxite incluída ata agora no calendario protexía contra a variante máis habitual, a tipo C. Pero o informe de vacinas do Sistema Nacional de Saúde recomendou ampliar a cobertura a raíz da detección doutras variantes no Reino Unido e en Holanda. O Sergas aplicará a nova directriz desde hoxe.

O Sergas pretende que esta protección ampliada chegue a todos os menores de 18 anos. Para empezar, de aquí a fin de ano poderán recibir a dose de reforzo os adolescentes nados en 2001 e en 2007.

Deste xeito, en 2022 contan completar a protección para toda a banda de idades sobre a que máis incide o meningococo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019