CRTVG

Buscar

O segundo covid-auto de Vigo comezará a funcionar este luns

Publicado o 20/09/2020 18:21

O segundo covid-auto de Vigo comezará a funcionar o vindeiro luns e estará finalmente no hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo é evitar os colapsos ante o incremento da demanda de probas PCR. Este novo punto de mostraxe prevé realizar unhas 600 probas diarias.

Ao hospital Álvaro Cunqueiro vanse derivar os contactos de casos confirmados, os que veñan derivados dos centros de saúde atenderanse no covid-auto instalado no hospital Meixoeiro.

Noticias web

20/09/2020