CRTVG

Buscar

O sector vitivinícola sente os efectos do peche da hostalaría

Publicado o 17/11/2020 14:19

Moi mal momento para esta adega familiar de Castrelo de Miño que distribúe case todo o viño que produce na hostalaría. O 65 por cento de toda a produción da Denominación de Orixe do Ribeiro acaba en hoteis, restaurantes e cafeterías. O peche destes últimos en 67 concellos galegos é un pau duro para o sector vitivinícola.

No confinamento as perdas na D. O. do Ribeiro superaron os cinco millóns de euros, nesta segunda vaga dependen do tempo que duren estas restricións. Moitas adegas están reinventándose para compensar as perdas ocasionadas pola inactividade na hostalaría.

 

Noticias web

17/11/2020