CRTVG

Buscar

O sector turístico pide fondos da UE e axudas do Goberno para recuperarse da crise

Publicado o 03/11/2020 21:16

A crise do sector turistico pola pandemia ten que valer en España, segundo os expertos, para  mellorar a competitividade, apostar pola dixitalización e polo respecto ao medio ambiente.

Son algunhas das conclusións da conferencia 'Salvemos o turismo', organizada polo Grupo Hotusa. Os relatores tamén coincidiron en sinalar que o sector turistico ten que recibir unha boa parte dos fondos de recuperación da Unión Europea por ser dos máis afectado e pola súa relevancia na economía. Tamén pediron o apoio do Goberno.

"Pedir un IVE superreducido no caso dos hoteis e reducilo para os subsectores que aínda o teñen no 21%. Se non é agora, seguramente non vai selo nunca. Tampouco é moito pedir que se poidan facilitar aprazamentos de impostos como están facendo noutros países. Dada a importancia do sector en España, hai que facer un esforzo maior", di Amancio López, presidente do Grupo Hotusa.

Noticias web

03/11/2020