CRTVG

Buscar

O sector téxtil de Galicia ponse a disposición das autoridades para fabricar o material sanitario

Publicado o 18/03/2020 17:47


Con toda a produción da campaña de verán preparada, os talleres téxtiles póñense á faena para botar unha man.

O único que precisan agora é materia prima. Un tecido similar a este. Viscosa de tecido sen tecer, do que se fabrican as batas e as máscaras. Desde Cointega, o clúster que agrupa a industria téxtil galega, están en contacto co Ministerio de Sanidade para poñer a disposición da industria todo o material dispoñible.

Ás necesidades dos hospitais, únese a demanda mundial, polo que é complicado conseguir material axeitado. En toda España, calcúlase que podería haber máis dun milleiro con capacidade para subministrar material sanitario.

Inditex ofrécese a traer axuda da China

A este esforzo solidario súmase Inditex. A multinacional galega doou 10.000 máscaras protectoras e prevé entregar outras 300.000 a finais desta semana. Ademais, estuda adaptar os seus talleres fabricar batas de protección. O xigante téxtil tamén lle ofrece ao goberno a súa capacidade loxística para traer a España material médico da China. Inditex presentou hoxe resultados: no último ano, gañou 3.600 millóns de euros, un 6% máis que o ano anterior.

Noticias web

18/03/2020