CRTVG

Buscar

O sector pirotécnico tamén dá a campaña por perdida

Publicado o 16/04/2020 14:30

Unha das actividades máis enraizada na cultura tradicional festeira de Galicia, a pirotecnia, vive con incerteza a situación provocada pola COVID-19. O sector está completamente parado ante a suspensión das festas.

Desde o sector pensan que a campaña está practicamente perdida.

Cos almacéns practicamente repletos de material preparado e coa incerteza de cando poderán volver á actividade, a maioria tivo que solicitar un ERTE.

Solidarizados coas vítimas e conscientes de que a situación non está para celeberacións, desexan volver encher o ceo da maxia das súas creacións.

Porque volver poder facer gozar o público dos efectos de luz, da cor e do son dos seus espectáculos pirotécnicos será o mellor indicativo de que estar parados pagou a pena.

Noticias web

16/04/2020