CRTVG

Buscar

O sector ovino reséntese debido á baixada no prezo da la

Publicado o 08/07/2020 14:04

A demanda de la destinada á confección de téxtiles para vehículos caeu en picado debido á crise no sector da automoción.

Como resultado, só se están a pagar 10 céntimos por cada vélaro, cando nos anos anteriores valían 25, un 150 por cento máis.

Dado que no conxunto do país hai unhas 140.000 ovellas rexistradas, esta baixada supón para os criadores galegos unhas perdas superiores aos 20.000 euros.

"Este ano rapei 126 ovellas e pagáronme 10 céntimos por cada unha, cando o ano pasado estaban por 20 ou 25 céntimos. Non é que deixe moito diñeiro na explotación, pero deixa algo e beneficio", dinos o gandeiro Luís Rivera.

"Este ano é bastante raro. Algúns intermediarios non están a pagar. Se se recuperán, pagarían despois, pero non se sabe. Nós temos un comercializador da la que está a pagar 10 céntimos o vélaro. O normal é que recollan a la porque os gandeiros teñen a obriga de facelo porque está considerada un residuo especial", asegura Lucas Vázquez, que é técnico de Asociación de Criadores de Ovino e Caprino.

Esta baixada no prezo da la súmase á caída no consumo de carne de cordeiro que se vén arrastrando dende o inicio do confinamento.

"Si que afectou bastante, porque a maioría do que se vende é para restauración. En Galicia, o consumo nos fogares é sobre todo nas festas, e este ano repercute nas do estío, que é cando máis se consome", sostén Lucas Vázquez.

Esta baixada no prezo da la súmase á caída no consumo de carne de cordeiro que se vén arrastrando dende o inicio do confinamento.

Noticias web

08/07/2020