CRTVG

Buscar

Prevese un leve descenso do prezo da vivenda

Publicado o 28/04/2020 21:23

Incerteza nun sector, o inmobiliario, moi atento ao futuro do mercado, que dependerá en gran medida, do que se prolongue a crise sanitaria. Collemos unha cidade como exemplo, Compostela. Igual ca no resto das cidades o alugueiro e a venda de vivendas está practicamente parada porque as axencias inmobiliarias tamén están paradas.

Varios portais inmbobiliarios analizaron a situación en que quedará o mercado da vivenda logo do coronavirus. Prevén un descenso no prezo de entre o 10% e o 15%, con menos variacións no caso dos alugueiros.

Previsións suxeitas a un mercado que, malia o desgaste desta freada e de que depende da fin do estado da alarma, deixan a medio prazo trazas de esperanza.

Aumenta a demanda de pisos con terraza

E no medio deste escenario do sector inmobiliario o que si se notou foi o interese por mercar vivendas con terraza e fóra das grandes cidades.  Un interese que chega motivado polo paso dos días en corentena. Os portais inmobiliarios están a experimentar un crecemento das visitas ás vivendas con máis metros e, sobre todo, con espazos exteriores. Búscanse fogares flexibles onde se poida traballar, xogar e convivir. Que sexan, en definitiva, resistentes ao confinamento.

Noticias web

28/04/2020