CRTVG

Buscar

O sector hostaleiro de Lugo di que precisa crubrir uns 500 postos de traballo polo crecemento turístico

Publicado o 27/02/2020 10:59

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo da Provincia de Lugo (APEHL), Cheché Real, volveu ao Bos días para anunciar de novo que o sector precisa arredor de "500 profesionais para cubrir a demanda". Unha necesidade de profesionais que se está reclamando tamén desde outras provincias do estado, non só desde Galicia.

Real salienta que Lugo non chegan os demandantes e engade que "aínda que en Lugo hai xente preparada" que podería traballar no sector, moitos deses profesionais deciden probar sorte noutros lugares de España ou ata do estranxeiro, onde o volume do sector turístico é moito maior.

Real precisou que tamén se están dando pasos "para dignificar a profesión" e para facela "máis atractiva", con maior control sobre os horarios de traballo, para permitir "unha conciliación da vida laboral e familiar".

 

Noticias web

27/02/2020