CRTVG

Buscar

O sector dos invernadoiros de plantas pode afundirse por falta de mercado

Publicado o 04/04/2020 22:05

Primeira fin de semana do mes de abril. Víctor e coma el todos os do seu sector están xa ao límite. Traballan con podutos tan fermosos como perecedoiros e as compras de semente e terra que fixeron antes de que se expandira o virus xa non teñen saída nas grandes superficies, nos concellos, entre os particulares... A cousa pinta mal.

Pensamentos, liliums, violas ou margaridas agora van camiño dos contedores do lixo. Quen lle ía dicir aos donos dos invernadoiros que nestes meses, na época de máis vendas, ían estar parados, tirando produto e sen poder sementar. Víctor di que cando tira unha planta dóelle o corazón e "ao mellor estamos falando de que temos que tirar 20.000 plantas". A situación é moi complexa, se cadra, a primavera máis triste para as plantas de invernadoiro acaba de comezar.

Noticias web

04/04/2020