CRTVG

Buscar

O sector do turismo de Galicia pide axudas económicas para salvar o seu tecido empresarial

Publicado o 26/09/2020 16:54

Desde o Clúster de Turismo de Galicia aseguran que a nosa comunidade conseguiu salvar a temporada de verán nos meses de xullo e agosto, aínda que con cifras de ocupación moi alonxadas ás do ano pasado. Os datos de setembro, iso sí, non serán bos...
Cesáreo Pardal Presidente do Clúster de Galicia "non temos datos, pero as previsións non son nada boas, xa que roldará o 20 por cento de ocupación, unha cifra moi alonxada do 65 por cento de ocupación do ano pasado "

Para sobrevivir, o sector turístico é consciente de que se ten que reinventar e adaptar á nova situación.
Esta mañá presentábase en Santiago unha nova aplicación da Asociación Profesional de Guías turísticos de Galicia, que lles permitirá a través dos teléfonos móbiles desenvolver o seu labor, mantendo a distancia de seguridade cos turistas e sen contaminación acústica... éste é só un exemplo... Desde o sector e desde a Xunta din que traballan noutras moitas medidas para conseguir manter o seu tecido empresarial
"Perigan máis de 30.000 postos de traballo, o tursimo representa moito máis do 10 por cento do PIB"

Apostan porque Galicia sexa un destino seguro, pero para iso, desde o Clúster de Turismo, piden máis axudas económicas das administracións.
 "Hai unha incerteza do que poida pasar, se esos créditos brandos ou créditos a fondo perdido non chegan ao sector eses 30.000 postos de traballo van a perigar"
Destacan que un 35 por cento de establecementos turísticos pecharon xa anticipadamente ante o remate da temporada...e coa incerteza de se volverán abrir
 

Noticias web

26/09/2020