O sector do taxi reclama máis condutores para Santiago
Búscanse taxistas en Santiago. Agora mesmo, o sector ten falta de empregados e suponse que é unha situación transitoria, porque no vindeiro mes de marzo son exames para aquelas persoas interesadas en exercer de taxistas. Xusto neste momento, está aberto o prazo de solucitudes no Concello de Santiago para presentarse aos exames e obter unha licenza municipal.
O presidente da Asociacion Radio Taxi de Santiago, Jesús García, explica que o que ocorre é que a xente non sabe que precisa o permiso municipal para traballar e, como a proba só se fai unha vez ao ano, despois non poden traballar de taxistas.
Jesús García insiste en que se precisan taxistas para traballar en Santiago e que están interesados en que se presente ao exame o maior número de xente.