CRTVG

Buscar

O sector do taxi reclama axudas específicas para o sector

Publicado o 05/05/2020 13:19

É un sector do que viven unhas 100.000 familias en España, 5.000 delas en Galicia. Os taxistas aseguran que a súa recadación diminuíu nun 85 por cento debido á caída de usuarios. Din que a súa situación é crítica, e piden axudas directas para o sector.

Manuel Chorén, Presidente da Asociación de Autopatronos do Taxi de Vigo, explica que piden un SOS ás administracións, e ten que haber axudas. É un colectivo de servizos e agora, di, non hai servizos na rúa. 

Outro dos retos aos que se enfrontan agora os taxis son os protocolos de seguridade e limpeza aos que obriga a crise sanitaria.

Teresa Iglesias, xerente dun taller de coches, di que o primeiro que fan é realizar unha pequena limpeza das zonas que máis se tocan, con auga ozonizada, e despois proceden á desinfección.

Medidas que se complementan con outras, como a instalación de pantallas nos vehículos para evitar contaxios. Ou tamén a organización por quendas que xa se está facendo en cidades como Vigo, para repartir o pouco traballo que hai.

Noticias web

05/05/2020