CRTVG

Buscar

O sector do ocio nocturno afirma que a maioría dos locais cumpren coas recomendacións sanitarias

Publicado o 03/08/2020 21:07

Responsables do ocio nocturno afirman que a maioría destes locais cumpren coa normativa para evitar os contaxios da covid-19. Pero tamén piden a implicación e a colaboración dos clientes e mostran a súa inquedanza pola deriva que está a tomar a situación, que está afectando o sector.

"A posiblidade de que haxa unha situación en que se teñan que volver a unha fase anterior, a fase dúas ou a fase tres, está aí é algo que non podemos obviar. Nós o que temos que facer é cumprir coas medidas como local de ocio, asegurarnos de que a xente que acode as respecte", di o xerente dun local de ocio nocturno.

O xerente deste local coruñés, con licenza de cafetería especial, negou que traballase ultimamente no seu local o porteiro do pub de Santa Cruz contaxiado por coronavirus.

Aínda así, dixo, tomaron medidas preventivas. Entre elas, facerlle as probas a todo o persoal, que deron negativas, e desinfectar todo o local cunha empresa especializada.

"Temos tamén unha persoa en exclusiva que se encarga de limpar o baño despois de cada cliente que o usa e mesmo temos unha máquina na entrada para desinfestar as mans dos clientes. Paralelamente, como medida preventiva, tamén lle tomamos a temperatura a todo o cliente que entra. Nese sentindo, nós o que fixemos e previr", sinala o xerente de Bergin Afterwork.

Ademais da máscara obrigatoria, neste local teñen a ocupación das dúas salas reducida ao 75% e ao 50% na terraza.

Noticias web

03/08/2020