CRTVG

Buscar

O sector do espectáculo denuncia cun cemiterio no Obradoiro a súa situación

Publicado o 17/09/2020 22:53

O sector do espectáculo, moi prexudicado pola covid−19, convocou hoxe manifestacións en varias cidades españolas. Esta tarde houbo que suspender a de Vigo por mor do mal tempo, e en Santiago deixaba estas imaxes.

A modo de cadaleitos, o Obradoiro encheuse de caixas negras, para simbolizar a morte que, segundo denuncian, atravesa o sector. Din que profesionais e empresas da cultura están á beira do colapso. Piden a reactivación inmediata dos eventos e os espectáculos e medidas urxentes para salvar o sector.

Noticias web

17/09/2020