O sector da náutica de recreo goza das súas primeiras saídas
Nun ano normal as escolas de vela escolares comezan en xuño, logo do remate do curso. Agora, cos nenos sen clases, poderían empezar xa os clubs náuticos e portos deportivos da ría de Vigo, considerando que se trata dunha actividade que apenas ten risco, xa que se realiza ao aire libre e moitas veces en embarcacións individuais.
Ojea di que barallan celebrar un acto náutico de balde con todos os clubs da ría no inicio da temporada. Tamén están desexando a desescalada total no porto deportivo de Marina Davila Sport.
Pero polo de agora está previsto que non se poida saír a navegar fóra do límite da provincia ata a fase dous, un límite que o sector non entende.
Fernández Davila apela á responsabilidade individual para autoprotexernos seguindo as normas marcadas polo Goberno.
Nalgunhas marinas como esta de Davila terán problemas tamén para abrir os aseos, xa que a última norma obriga a limpar e facer unha desifección logo de cada uso, algo que lles é moi difícil de asumir.