CRTVG

Buscar

O sector da hostalería teme os efectos económicos do descenso do Deportivo

Publicado o 21/07/2020 14:29

Os arredores do estadio de Riazor estaban cheos os días en que o Deportivo xogaba na casa. Moitos din que xa non será así a partir de agora.

As perdas non só afectarán o plano deportivo. O sector da hostalería pode ser un dos máis prexudicados. Ata se atreven a cuantificar xa as posibles perdas, nun 60 por cento.

Pero non por iso botan a toalla. Din que Riazor espera retornar a Primeira e a Primeira agardará por Riazor... o tempo que faga falla.

Noticias web

21/07/2020