CRTVG

Buscar

Vox defende en Ourense a redución da presión fiscal e terminar coas leis de esquerdas

Publicado o 19/01/2019 21:58

O secretario xeral de Vox en España achegou, esta tarde, as propostas do seu partido para Galicia a Ourense. Diante dun auditorio de 180 persoas, Javier Ortega Smith asegurou que en Galicia é necesario reducir a presión fiscal, xerar oportunidades, especialmente, no medio rural e terminar coas leis impostas pola ideoloxía esquerda, en materia de xénero ou de idioma. Ás portas da sede de AFundación, onde se celebrou a xuntanza de Vox, concentráronse preto de 30 persoas, para manifestarse contra as súas políticas, ás que acusan de fascistas e perigosas.

 

Noticias web

19/01/2019