CRTVG

Buscar

O secretario de comunicación de Podemos defende a contratación de Neurona ante o xuíz

Publicado o 20/11/2020 15:08
O secretario de comunicación de Podemos defende a contratación de Neurona ante o xuíz

O secretario de Comunicación e mailo tesoureiro de Podemos declararon como imputados ante o xuíz que investiga as contas da formación.

Juan Manuel del Olmo, número dous de Pablo Iglesias na vicepresidencia do Goberno e responsable das campañas electorais, recoñeceu que foi el quen contratou a consultora Neurona, pero dixo descoñecer que esta desviara fondos a outra sociedade.

O xuíz e mais o tribunal de contas cren que esta empresa asinou un contrato simulado con Podemos para desviar cartos das contas do partido. Por iso o titular do xulgado lle solicita á policía que investigue os vídeos electorais da formación.

Noticias web

20/11/2020