CRTVG

Buscar

O sabugueiro, o caviar que deixou de ser descoñecido en Vilar de Santos

Publicado o 09/09/2020 18:33

É tóxico mentres non madura o froito. Pero, unha vez cociñado, o sabugueiro considérase todo un caviar en moitos países europeos. En Galicia xa hai quen o cultiva para a elaboración de doces, bebidas e infusións cada vez máis demandadas polas súas propiedades medicinais.

Chamábanlle a uva das bruxas, pola súas propiedades medicinais. Pero en Galicia non se consumía o sabugueiro ata que chegaron a Vilar de Santos os emprendedores do proxecto Carabuñas.

Apañábano silvestre á marxe dos ríos. Pero decidiron facer unha plantación para controlar a produción e certificala co selo ecolóxico. Aproveitan a flor fresca na primavera e os froitos maduros de agosto. Fan xeleas, marmeladas, cervexas, infusións, bombóns e a súa última creación: un refresco de sabugueiro.

Fixéronse un oco nas tendas 'gourmet' do país cunha oferta innovadora. E van seguir investigando o potencial dun arbusto tan estendido como pouco aproveitado en Galicia.

Noticias web

09/09/2020