O roubo nun club de petanca de Vigo destapa un caso de violencia machista
Publicado o 14/05/2020 14:10
A detención de 4 persoas polo roubo nun club de petanca en Vigo destapou de rebote un caso de violencia machista.
Un operativo conxunto da Policía Local e Nacional permitiu arrestar os delincuentes cando trasladaban parte dos obxectos subtraídos a un vehículo. As forzas de seguridade foron alertadas polos veciños tras protagonizar unha forte pelexa no contorno de Balaídos. Os axentes rexistraron o domicilio dun dos implicados e alí atoparon unha muller inconsciente e con varios cortes nun brazo, que tivo que ser trasladada a un centro médico. Na casa tamén estaba parte do botín.
Máis sobre Vigo
27/02/2021 14:47
24/02/2021 15:16
24/02/2021 13:58