CRTVG

Buscar

O Rexistro Civil de Lugo, o primeiro de Galicia en implantar a cita previa por Internet

Publicado o 14/10/2020 15:30

O Rexistro Civil de Lugo convértese no primeiro de Galicia en implantar a cita previa por Internet. Comezará a funcionar mañá mesmo, pero non será obrigatorio ata o vindeiro un de novembro.

A partir desa data será indispensable que os cidadáns saquen cita previa antes de acudir ás instalacións deste rexistro civil de forma presencial.

Terán que sacar cita a través da páxina web www.xustiza.gal e alí mesmo especificaranlle a documentación requirida e poderán descargar os formularios que deberán presentar xa cubertos para trámites como os expedientes de matrimonio, expedición de libros de familia ou xuras de nacionalidade.

O obxectivo desta medida é evitar a coincidencia de varias persoas nas sedes e tamén os desprazamentos innecesarios a elas, ao tempo que se axilizan tamén os trámites.

O de Lugo é o primeiro que pon en marcha este sistema de cita previa que se estenderá nos vindeiros días aos demais rexistros civís de Galicia.

Noticias web

14/10/2020