CRTVG

Buscar

O rei recibe esta mañá o presidente da Xunta

Publicado o 15/09/2020 08:48

O rei recibirá ás once da mañá o presidente da Xunta. A audiencia entre Filipe VI e Alberto Núñez Feijóo será no Palacio da Zarzuela. A recepción prodúcese con motivo da reelección de Feijóo como presidente da Xunta de Galicia. Pola mesma razón, o rei tamén recibirá esta tarde o lehendakari Iñigo Urkullu.

Noticias web

15/09/2020