CRTVG

Buscar

A feira de turismo FITUR chega a súa corenta edición

Publicado o 22/01/2020 09:09

Fitur abre hoxe as portas da súa edición número 40, e con Corea do Sur como país invitado.

Filipe VI presidiu onte a cea para conmemorar as catro décadas da Feira Internacional de Turismo, que el mesmo vai inaugurar esta mañá.

Nun discurso en inglés e en español, o rei destacou que España é líder mundial en turismo e lembrou a cifra récord de 84 millóns de visitantes estranxeiros que se acadou o ano pasado.

Destacou a importancia de que exista un tecido empresarial competitivo para dar resposta ás demandas, cada vez máis esixentes, dos que nos visitan.

"O sector turístico é fonte de riqueza e emprego e é unha ferramenta de cohesión social e terrotorial, de fixación de poboación, de loita contra o cambio climático e a desigualdade. É tamén un acelerador na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible e a tranformación dixital", afirmou Filipe VI.

Noticias web

22/01/2020