CRTVG

Buscar

O Rei defende que España é un destino turístico seguro

Publicado o 11/06/2020 19:18

O Rei subliña que España é un destino turístico seguro e de calidade, e avoga porque o sector siga demostrando o seu liderado internacional. 

Don Filipe presidiu a comisión plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, á que se uniron hoxe 27 novos membros. Na xuntanza coa ministra de Turismo sumáronse por videoconferencia os representantes de máis de 140 organizacións e empresas.

O Rei quixo mandarlles unha mensaxe de ánimo e confianza para superar a crise derivada do coronavirus, poñendo en valor as fortalezas do sector.

Noticias web

11/06/2020