CRTVG

Buscar

O Rei chama á colaboración entre o Estado e a Generalitat para manter o Mobile

Publicado o 25/02/2018 20:58

 

O rei non ía a Cataluña desde a manifestación contra o terrorismo tras os atentados de Barcelona e Cambrils. O boicot institucional da alcaldesa e o presidente do Parlament na recepción axitou a tensión institucional esta fin de semana. O rei acaba de pronunciar o seu discurso de benvida e, cando se dirixía aos asistentes en catalán, chamou á cooperación entre o Goberno Central, a Generalitat e o Concello de Barcelona para conservar o éxito deste congreso. 

Ningunha institución política catalá recibiu o Rei á súa chegada ao Palau da Música en Barcelona. Don Filipe preside esta noite e cea de benvida aos participantes no Mobile World Congress, que agrupa os principais operadores de telefonía do mundo e que se celebrará ata o vindeiro xoves.

O rei Filipe chegou á última hora da tarde a Barcelona para presidir a cea oficial do Congreso Mundial do Móbil. A diferenza doutras edicións, ningún representante institucional do Concello nin da Generalitat acudiu a recibir o xefe de Estado, que chegou acompañado da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, do ministro de Enerxía, Álvaro Nadal e do delegado do Goberno en Cataluña.

Arestora, don Filipe asiste no Palau da Música, á cea oficial, previa á inauguración do Congreso, este luns, unha das citas empresariais máis importantes do mundo das tecnoloxías, á que sí se incorporou a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau e o presuidente do Parlament, Roger Torrent.Coa súa presenza, o Rei, que visita por primeira vez Cataluña, despois do 1 de outubro, confirma o seu apoio a un evento que este ano contará con máis de 2.300 expositores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2018