CRTVG

Buscar

O regreso de Luis Enrique e a saída de Robert Moreno convértense nun vodevil

Publicado o 19/11/2019 21:31

Os rumores do regreso de Luis Enrique rondaron durante o último partido da fase de clasificación. Ao remate do España-Romanía, Robert Moreno decidiu non comparecer ante os medios. Xa informara á Federación da súa marcha: "Acordar a miña saída e non ser un impedimento para a volta de Luis Enrique", citaba textualmente Luis Rubiales.

Na previa do seu sexto e último partido Robert Moreno fíxose valer e púxose a mellor nota posible: "Un dez. Traballamos incriblemente ben", asegurou. 

Parece a que a relación entre Luis Enrique e o que fora o seu axudante cambiou. Pero hai apenas dous meses estaba disposto a devolverlle o cargo.

"Eu encantado de dar un paso ao lado e volver traballar con el", aseguraba o xa ex-seleccionador.

A federación non ten noticia dos plans de Luis Enrique, que tal vez queira recuperar a Unzué como segundo.

"El decide con quen vai traballar", di o presidente da RFEF.

Como no caso Lopetegi, un seleccionador volve saír pola porta de atrás e Rubiales xustifícase: "Non fomos nós".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019