CRTVG

Buscar

O Real Madrid vence en Valladolid e recupera o liderado

Publicado o 27/01/2020 00:12
O Real Madrid vence en Valladolid e recupera o liderado

O Real Madrid é o novo líder da liga tras vencer ao Valladolid en Zorrilla. Zidane apostou por Isco no equipo titular e deixou no banco a Valverde. Casemiro semella intocable e marcou por terceira xornada consecutiva, gol anulado polo VAR por fóra de xogo.

O Madrid dominou e gustouse pero ten un grave problema de puntería, ten que crear moitas ocasións para marcar. Desta volta foi Nacho en funcións de ariete o que acadou o único tanto do partido no minuto 78. Noveno tanto que marca un defensa branco esta temporada. Empatou o Valladolid, marcou Gurdiola pero en posición antirregulamentaria. Anulado.

O Real Madrid venceu en Valladolid e volve ao liderado con tres puntos máis que o Barcelona.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/01/2020