CRTVG

Buscar

O Real Madrid gaña no campo do Betis

Publicado o 26/09/2020 22:57

O Real Madrid acadou a primeira vitoria da temporada no Benito Villamarín. Comezaron marcando os de Zidane. Fede Valverde puxo o 0-1 no minuto 13 logo dunha boa xogada de Benzema. Tiveron ocasións os brancos para aumentar a renda pero fallaron. O Betis aproveitouno con dous tantos en tres minutos. Empatou Mandi no 34 e no 37 Williams Carvalho fixo o 2-1. 

No segundo tempo colleu protagonismo o VAR. Emerson marcou en propia porta ao intentar evitar o remate de Benzema. A tecnoloxía revisou un posible fóra de xogo e acabou por darlle validez ao empate.

Dende a sala VOR volveron chamar ao colexiado no minuto 65 por un posible penalti de Emerson sobre Jovic. Tras ver a xogada no monitor, de Burgos Bengoetxea expulsou ao xogador do Betis e sinalou falta na frontal. Sergio Ramos lanzouna alta.

Non fallou no lanzamento do penalti que supuxo o definitivo 2-3. De Burgos Bengoetxea volveu ir ao monitor e sinalou pena máxima por mans de Bartra. Era o minuto 81 e malia os intentos dos dous equipos, o marcador xa non se moveu.

Noticias web

26/09/2020