CRTVG

Buscar

O Racing e o Polvorín empatan 0-0 en Narón

Publicado o 07/10/2020 16:22

Noutro amigable houbo empate sen goles en Narón. Xogaban o Rácing de Ferrol e o filial do Lugo. Chema tivo que intervir ao principio. O Polvorín entrou enchufado ao partido. O Rácing buscou o gol nas accións a balón parado e na fortaleza dos seus dianteiros como Nathan ou Elsinho.

Houbo algún momento para as diferenzas, unha lea sen excesiva importancia e un par de ocasións máis. Nas contras fallou o Polvorín e tampouco gozou de acerto nos últimos metros o Rácing.

Noticias web

07/10/2020