CRTVG

Buscar

O Rácing de Ferrol inaugura a exposición do seu centenario

Publicado o 06/02/2020 21:05

Unha exposición inaugurada esta tarde recolle os feitos máis destacados dos cen anos da historia do Rácing de Ferrol. A exposición estará aberta ao público ata o oito de marzo, na sede da fundación Abanca de Ferrol. Na mostra pódese admirar desde o trofeo máis antigo que conserva o club, que data de 1927, ata o trofeo de subcampión da Copa do Xeneralísimo de 1939. "Esta é a copa de subcampión de España de 1939. Podemos considerala a peza máis importante desta exposición do centenario do Rácing. Ao seu carón vemos unha réplica da camiseta que o Rácing levou nesa final en Montjuich o 25 de xuño de 1939 contra o Sevilla. É unha réplica que recolle as características que tiña a camiseta nesa final: un verde turquesa que non é habitual na camiseta do Rácing e a cruz de Santiago, que logo foi incorporada ao escudo", sinálanos Jorge Deza, historiador.


"É unha cousa que me sensibiliza moitísimo, porque aquí levo 56 anos de socio. Moitos dos xogadores que hai aquí recórdoos con moito cariño", recoñece o presidente do Rácing, José María Criado.

Noticias web

06/02/2020