CRTVG

Buscar

'O que arde' e 'Elisa e Marcela' optan aos Premios Forqué

Publicado o 21/11/2019 15:29

Hoxe anunciáronse as candidaturas dos Premios Forqué, os galardóns anuais que entregan os produtores do cine español, e hai dous filmes participados pola Televisión de Galicia: O que arde e Elisa e Marcela.

O filme de Oliver Laxe compite polo premio de mellor longa fronte aos outros tres títulos do ano: Dolor y Gloria, La trinchera infinita e Mientras dure la guerra.

É a primeira vez que un filme en galego pode acadar o premio dos produtores españois. Outro filme rodado e producido desde Galicia Elisa e Marcela é candidata ao galardón do cine en Educación e Valores.

Noticias web

21/11/2019