"O que arde", de Oliver Laxe, primeiro filme en galego que compite en Cannes
Un filme en galego compite por primeira vez na historia no Festival de Cannes. "O que arde", dirixido por Oliver Laxe e coproducido pola Televisión de Galicia, participará na sección competitiva "Unha certa ollada" da edición 72 do certame francés. Estivemos co director e co seu protagonista na zona da rodaxe nos Ancares.
Estamos en Vilela, nos Ancares. Na casa familiar de Oliver Laxe. De aquí sae esta historia íntima cara a alfombra vermella de Cannes. A terceira ocasión na que o cineasta preseta filme no festival francés, pero a primeira rodada en galego e competindo en "Unha certa ollada", a segunda sección de importancia do certame.
O filme de Laxe retrata a un pirómano na súa volta a casa logo de pasar polo cárcere. Amador Arias e Benedicta Sánchez son os protagonistas desta relación entre nai e fillo na que a forza está nos seus rostros.
Naturalidade e profundidade que levan a "O que arde" a Cannes cos filmes máis sobranceiros do ano, onde só Almodóvar ten tamén o seu oco en representación do cinema español.