CRTVG

Buscar

O PSOE descarta falar de autodeterminación con ERC

Publicado o 27/11/2019 20:26

Será a primeira reunión oficial da negociación entre o PSOE e Esquerra. Os socialistas acoden coa esperanza de que poida ser tamén o primeiro paso para desbloquear a investidura.

Adriana Lastra, PSOE, "non iriamos a unha negociación sen esperanza. Imos con ánimo e con esperanza".

O PSOE está disposto a falar con Esquerra do encaixe de Cataluña dentro da Constitución e da organización territorial do Estado. Pero nunca, aseguran, de autodeterminación.

Carmen Calvo, PSOE, "non existe o dereito de autodeterminación porque non está na nosa legalidade. Podemos falar do título oitavo da Constitución e podemos falar dun país que ten diversidade territorial".

Tampouco pechan a porta a que poida haber máis adiante unha reunión entre o Goberno e a Generalitat, como pide Esquerra. Unha xuntanza que enmaran dentro da legalidade.

Carmen Calvo, PSOE, "non é ningunha novidade porque existe no Estatuto de Cataluña, estamos discutindo sobre algo que existe na legalidade deste país".

Os que teñen discrepancias sobre esa hipotética xuntanza entre gobernos son os independentistas. Esquerra defende que non ten por que ser un cumio entre presidentes. Quim Torra reclama o seu protagonismo nas negociacións e esixe estar presente.

Noticias web

27/11/2019

Máis sobre actualidade