CRTVG

Buscar

Veciños de Pontevedra, preocupados por unha praga de ratas de gran tamaño

Publicado o 21/03/2019 21:59

O PSOE de Pontevedra alerta do incremento de ratas no centro da cidade e pídelle ao Concello que tome medidas especiais e urxentes.

Veciños de distintas zonas mostraron a súa preocupación porque cada vez se topan máis a miúdo con estes roedores. Mesmo chegaron a enviarlle ao grupo socialista vídeos onde se poden ver estes animais pola rúa ou nas portas dalgúns establecementos comerciais. Advirten de que se non se toman medidas acabará sendo unha praga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/03/2019