CRTVG

Buscar

O PSdeG-PSOE de Ourense inicia os trámites para unha moción de censura a Jácome

Publicado o 04/10/2020 09:40

A executiva provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e a comisión xestora da agrupación local da cidade acordan iniciar os trámites para unha moción de censura. A dirección galega do partido solicita a todas as forzas políticas que colaboren no desbloqueo da situación e poñan os intereses xerais da cidade por riba dos intereses partidistas.

Os socialistas levarán a cabo durante a vindeira semana unha rolda de encontros cos diferentes partidos da corporación municipal: PP, Democracia Ourensana, Ciudadanos e BNG, co fin de establecer os termos concretos da iniciativa, que precisa polo menos do apoio de 14 dos 27 concelleiros e concelleiras.

 

Noticias web

04/10/2020