CRTVG

Buscar

O proxecto de reconstrución da Chavasqueira ascende a 475.000 euros

Publicado o 16/05/2019 17:49

É exactamente o mesmo que se levou a cabo no ano 2000, o proxecto incial firmado polo arquitecto Álvaro Varela, pero iso si, adaptado ao novo código técnico de edificación no que repecta, por exemplo, á accesibilidade ou á protección fronte a incendios moito máis estrito hoxe en día. A empresa cifra en 475.000 euros os trabllos necesarios para reconstruír este complexo visitado por máis dun millón de persoas nos 18 anos de vida e que o pasado 24 de abril un incendio destruíu completamente.

Xa está en mans dos técnicos municipais, que o remitirán nas próximas horas ás distintas administracións implicadas para obter informes favorables, entre elas a Confederación Hidrográfica, que é onde pode haber maiores problemas, porque dende o ano 2014 pasou a cualificarse como zona inundable. Dende o Concello contan con que, ao ser o mesmo proxecto que hai 18 anos, non haxa atranco.

Noticias web

16/05/2019

Máis sobre actualidade