CRTVG

Buscar

O programa Xacobeo en camiño levará actividades a vilas e cabeceiras de comarcas

Publicado o 31/01/2020 15:02

Román Rodríguez pide a colaboración de todas as administracións no Xacobeo 21. Fíxoo na presentación dun novo programa en que a Xunta quere implicar medio cento de concellos, vilas e cabeceiras de comarca de toda Galicia. O Xacobeo en camiño inclúe un milleiro actividades musicais, escénicas e exposicións. Dous millóns de euros en propostas son sinatura galega que a Xunta vai contratar para os concellos que decidan participar na organización.

Para o conselleiro de Cultura este é un exemplo da colaboración que demandan ao Goberno Central, que cifra en 92 millóns o compromiso co Xacobeo. "Ata o momento", dixo Román Rodrígez, "temos palabras. Ata o momento non temos ningunha realidade. Ata o momento o Goberno do Estado, o seu delegado, fixo un balance pero de investimentos fundamentalmente da época da administración Rajoy"

A Xunta reclámalle, por exemplo, un plan estratéxico do Xacobeo e un plan nacional dos camiños de Santiago.
 

Noticias web

31/01/2020