CRTVG

Buscar

O profesorado fará folga o 12 de decembro se non recuperan o horario lectivo previo á crise

Publicado o 08/11/2019 13:56

Os sindicatos do ensino público en Galicia anuncian mobilizacións para recuperar o horario lectivo previo á crise: 21 horas de clase en primaria, catro menos que agora, e 18 en secundaria, fronte ás 20 actuais. Pídenlle á Xunta que negocie ou o profesorado irá á folga o 12 decembro. 

Suso Bermello, secretario xeral de CIG-Ensino: "A nosa intención é que o profesorado tome a palabra e que o profesorado se rebele contra as imposicións duns horarios abusivos e dunhas malas condicións de traballo".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019