CRTVG

Buscar

O príncipe Henrique e Meghan Markle dan "un paso atrás" como membros da familia real

Publicado o 09/01/2020 10:32

Os duques de Sussex, Henrique e Meghan Markle acaban de anunciar que se afastan da vida pública. A través dun comunicado manifestan a súa intención de dar "un paso atrás" nas súas funcións como membros da familia real británica e de "traballar para ser financeiramente independentes".

A parella informou tamén de que durante este ano queren "comenzar a forxar un novo rol" dentro da monarquía. Destacan, ademais, o seu "completo apoio á súa maxestade a raíña Isabel II".


 

Noticias web

09/01/2020