CRTVG

Buscar

O primeiro whisky galego faise nunha destilería de Vedra

Publicado o 23/12/2019 15:14

É o primeiro whisky do país e faise nunha destilería de Vedra. O destilado base provén de Escocia, pero é aquí, no interior das barricas de augardente anella, onde se conforma a súa verdadeira personalidade.

Despois duns 6 meses nas barricas, rebáixase ata os 40 graos con auga dun manancial do Ulla. O resultado, din, un whisky suave con matices doces e alma galega.

A primeira partida, de 5.000 botellas feitas con vidro reciclado e etiquetas de po de pedra, chega ao mercado xusto a tempo para facer un brinde orixinal polas festas do Nadal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019