CRTVG

Buscar

O presunto homicida de Velle ingresa na unidade de agudos do CHUO

Publicado o 24/02/2021 13:02
O presunto homicida de Velle ingresa na unidade de agudos do CHUO

O presunto homicida de Velle ingresa na unidade de agudos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Leva meses sen medicarse. O forense recomendou restaurarlle o tratamento para facerlle unha avaliación psiquátrica que determinará a responsabilidade penal.

Á espera dese exame, o xuíz cre que actuou co ánimo de acabar coa vida da parella empregando para elo un coitelo de grandes dimensións.

El nega a súa participación nos feitos. As múltiples puñadas causáronlle a morte á moza. O rapaz continúa moi grave no hospital.

Noticias web

24/02/2021