O presidente da Xunta insiste na necesidade dunha política de bonificacións das peaxes
Publicado o 29/10/2019 15:12
A Asociación Española de Estradas di que o financiamento é o principal reto que ten o sector viario porque del dependen a conservación das estradas, a incorporación de tecnoloxías que reduzan a sinistralidade ou medidas ambientais. Neste foro convidarán, ademais, os responsables dos gobernos central e autonómicos a debater sobre o pagamento por uso.
Alberto Núñez Feijóo defende que en España hai un problema de equidade cando soben as tarifas da AP-9 mentres noutras comunidades rematan as concesións das autoestradas. O presidente tamén dixo que cómpre finalizar as autovías Santiago-Lugo e Ourense-Lugo.
Máis sobre actualidade
22/01/2021 21:52